Precisas ter un dos seguintes sistemas para poder facelo
Chave 365
DNIe
Certificado dixital
Procedemento
Ir o trámite, clickar en "Tramitar en Liña"
Completar o formulario
EXPÓN: Asunto: Alegación o procedemento de Pase de Concesión de Explotación do PI Alberta I-1º Fracción OU/C/04966.1 Expón: Que sendo parte afectada pola solicitude de concesión de explotación mineira Alberta I
SOLICITA: Motivo da solicitude: Que se teñan en contas as alegacións presentadas
Anexar documentación
Engadir documento: Titulo: Alegacións Mina Doade Subir o documento das alegacions: arrastrar o documento ou examinar en disco
A zona afectada pertence ao MVMC de Doade. A comunidade de montes rexeitou expresamente a implantación do proxecto segundo acordos públicos e actas de asemblea veciñal, sendo que a ocupación sen consentimento vulnera a Lei 7/2012, de montes de Galicia.
O proxecto fora presentado previamente en 2018, sendo tramitado nun procedemento que non contou coa preceptiva avaliación de impacto ambiental, vulnerando a Lei 21/2013 de Avaliación Ambiental. O procedemento fora finalmente arquivado logo da incapacidade da empresa de subsanar as deficiencias indicadas nun informe desfavorable da Confederación Hidrográfica Miño-Sil debido ao risco para augas superficiais e subterráneas.
O proxecto actual é esencialmente idéntico ao anterior e non resolve os impactos ambientais que motivaron o seu rexeitamento.
O proxecto asume a validez dun dereito mineiro outorgado fai case un cuarto de século, en 2001, que incorreu repetidamente en causas de nulidade, nunca declarada pola administración en fraude de lei.
O proxecto prevé captar 25.700 litros/hora de auga subterránea, afectando con toda probabilidade ás captacións de auga potable das aldeas afectadas, entre elas, Doade.
O proxecto carece dun plan para o tratamento para as augas en contacto coa explotación. As augas residuais suporán a inxección de substancias tóxicas e perigosas no rego do Porto de Antas, afluente do río Doade e, por extensión, dos ríos Avia e Miño, vulnerando o principio de non deterioración marcados pola DMA e a Lei de Augas (Real Decreto Lexislativo 1/2001). A zona de vertido está declarada de interese ambiental no Plan Hidrolóxico Miño-Sil en vigor (2022-2027).
A depresión da capa freática por extracción masiva de auga afectaría gravemente á subministración en tempos de seca, en contradición co principio de precaución do artigo 191 do TFUE.
A pesar no rexeitamento por parte da CHMS en 2020, non se presentou un estudo hidroxeolóxico que aclare os riscos indicados nin se prevé ningunha alternativa no caso de deixar sen auga á poboación.
O proxecto non cumpre os requisitos da Directiva Marco da Auga (2000/60/CE), ao causar deterioro de masas de auga sen avaliación de alternativas. Vulnera ademais o dereito á vida e á saúde (art. 2 e 35 da Carta da UE), á vista da contaminación esperable.
O proxecto divide artificialmente a explotación en fases para evitar avaliar o impacto acumulado, práctica prohibida pola Directiva 2011/92/UE e xurisprudencia do TJUE, tendo manifestado as sucesivas concesionarias mineiras que este será apenas unha primeira fase dun proxecto a maior escala.
Non se avalía adecuadamente o impacto da mina sobre o ecosistema da Serra do Suído, Serra do Cando e Serra do Candán, incluíndo a afección á Rede Natura 2000 e á conectividade entre espazos. Varios espazos próximos formaban parte da proposta de ampliación da Rede Natura 2000 formulada en 2008 e que a Xunta non implementou a pesar da obrigatoriedade derivada da lexislación europea.
O proxecto afecta hábitats prioritarios do Anexo I da Directiva Hábitats (92/43/CEE), incluíndo 4020*, 7110*, 91E0* e 9230. O estudo ambiental presentado pola empresa non identifica nin cataloga adecuadamente os hábitats afectados, nin analiza o impacto indirecto da minería subterránea. Non se realiza avaliación de impacto sobre a fauna protexida (mamíferos, aves, réptiles e morcegos), vulnerando a Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.
Atendendo ao anterior, o proxecto incumpre o artigo 6.3 da Directiva Hábitats ao non garantir que non afectará á integridade dos espazos da Rede Natura 2000 contiguos ou próximos, así como á conectividade entre os mesmos, para a que o espazo do proxecto supón un corredor natural.
O proxecto tampouco contempla os impactos acumulativos con outros proxectos na contorna, vulnerando novamente a Directiva EIA.
Tense vulnerado de xeito sistemático o dereito de acceso á información ambiental (Lei 27/2006 e Convenio de Aarhus), ao negarse a documentación clave á cidadanía e CMVMC afectadas.
A empresa carece de experiencia previa en minería metálica e carece de calquera noción na minería de litio, da que non existe nin en Galicia nin do Estado español ningunha mina en funcionamento. A tecnoloxía proposta non foi validada por estudos de viabilidade técnica/económica contrastados, sendo de natureza altamente experimental e especulativa.
A intención de reinxectar todos os residuos na mina é tecnicamente inviable, segundo os estándares internacionais (que fixan un máximo 50-60% de residuos reinxectados). Resultará inevitable a creación dunha escombreira superficial, que non foi avaliada no proxecto. Isto evidencia que o proxecto carece de realismo e aplicabilidade fóra do papel, sendo temeraria a súa aprovación.
A empresa contratou un estudo social que vulnerou todos os estándares éticos, recollendo datos persoais sen consentimento, vulnerando a LOPDGDD (Lei 3/2018) e o RGPD. En paralelo a empresa promoveu campañas de enxeñaría social destinadas a dividir a comunidade.
A designación do proxecto como “Proxecto Estratéxico” outórgalle prioridade indebida sen cumprir co artigo 6 do Regulamento (UE) 2024/1252. O procedemento de avaliación pola Comisión Europea careceu de transparencia, non ofrecendo unha resolución motivada. O proxecto non está certificado nin cumpre os requisitos do Anexo IV do CRMA (ESG). A designación foi obxecto de varios recursos de revisión interna que están pendentes de resolución por parte da Comisión Europea.
Foi un “amaño” a selección de Mina Doade como proxecto estratéxico europeo?
Xirarga, 18 de maio de 2026
SOS Suído Seixo esixe unha investigación inmediata sobre o proceso de selección de Mina Doade como proxecto estratéxico europeo
Unha investigación do medio de comunicación alemán Table Media revela que a Comisión Europea ignorou a avaliación negativa de “Mina Doade”, elaborada polos seus propios expertos.
Unha investigación recente do medio de comunicación alemán Table Media revela que o proxecto mineiro “Mina Doade” recibiu unha avaliación negativa en febreiro de 2025 por parte dos expertos independentes encargados de avaliar as diversas propostas para a Comisión Europea. A pesar desta avaliación negativa, o proxecto foi incluído na lista definitiva de proxectos aprobados pola Comisión Europea como estratéxicos ao abeiro da Lei de Materias Primas Críticas, sen ningunha explicación nin transparencia sobre o mecanismo que levou á súa designación o 25 de marzo de 2025.
Segundo un artigo do xornal portugués Público, isto pódese explicar pola presión política exercida en febreiro de 2025 polos estados membros da Unión Europea —neste caso, España— tras recibir avaliacións negativas para certos proxectos, incluído o “Mina de Doade.”
Ante esta nova, a plataforma local SOS Suído Seixo quere expresar a súa profunda indignación:
«Desde o principio, sospeitamos que a selección de "Mina Doade" como proxecto estratéxico europeo era completamente inxustificada a nivel técnico, ambiental, económico e social. O proxecto non cumpre os requisitos da Lei de Materias Primas Críticas. Esta sospeita confírmase agora á luz da investigación do medio de comunicación alemán Table Media. Segundo a información publicada no xornal portugués Público, nin sequera os expertos independentes contratados pola Comisión Europea recomendaron que este proxecto recibise o status de proxecto estratéxico.
Este é un feito moi grave e preocupante, que nos fai dubidar da imparcialidade e profesionalidade das institucións implicadas no proceso de toma de decisións. Parece que foi unicamente unha decisión política irresponsable, non técnica. Exiximos unha investigación inmediata e independente sobre o proceso de avaliación e selección do proxecto "Mina Doade" como proxecto estratéxico».
María Lavandeira, portavoz da plataforma, engade:
«Agora entendemos por que hai tanta opacidade arredor da designación de "Mina Doade" como proxecto estratéxico e por que a Comisión Europea non quixo darnos acceso aos documentos relacionados coa avaliación e selección do proxecto. Parece que teñen moito que ocultar.
Os proxectos estratéxicos europeos fináncianse con diñeiro público de toda a cidadanía europea. No caso do proxecto "Mina Doade", tamén se financia con diñeiro público de toda a cidadanía galega. A Xunta de Galicia é socia de "Mina Doade". Toda a cidadanía europea e galega ten dereitoa saber por que se escolleu este proxecto e quen é o responsable desta selección que todos estamos pagando».
A plataforma sinala que se presentou tanto á Comisión Europea como á Dirección Xeral de Minas da Xunta de Galicia un informe fortemente negativo sobre a viabilidade técnica, ambiental e económica do proxecto, elaborado polo experto Dr. Steven Emerman —hidrólogo e representante dos Estados Unidos no comité técnico da ISO sobre recheo de residuos en minería subterránea—. Neste informe, Steven Emerman conclúe que o proxecto da «Mina Doade» é «ciencia ficción» que non cumpre coas normas mineiras internacionais. En canto á avaliación de impacto ambiental actual da Xunta, a plataforma agarda que:
«O persoal técnico da Xunta sexa completamente imparcial e non se deixe influenciar pola evidente presión política nin polo conflito de intereses que a Xunta ten como socia de SAMCA, a través de "Recursos de Galicia S.A.", no proxecto "Mina de Doade".
Non toleraremos máis decisións políticas, xa sexan de Bruxelas, Madrid ou Santiago. Doade é a nosa aldea, non unha mina para beneficio da xente de sempre e os seus compinches. Os funcionarios responsables da avaliación deben saber que a Comisión Europea agora bota balóns fóra, afirmando que a responsabilidade de aprobar a mina recae unicamente na autoridade mineira local».
As comunidades de montes afectadas polo proxecto "Mina de Doade" xa declararan en varias ocasións, mesmo ante a Comisión Europea, que SAMCA e o seu proxecto non son benvidos nas súas terras.
"A Lei Europea de Materias Primas Críticas esixe que un proxecto só se poida executar se hai aceptación social. Neste momento, SAMCA, a Xunta de Galicia e a Comisión Europea están a facerse as parvas, coma se non nos entendesen. Pero é así de simple: NON QUEREMOS UNHA MINA.
Esta continua falta de respecto pola nosa comunidade é inaceptable."
Actualmente está en curso un procedemento xudicial impulsado por Ecoloxistas en Acción contra a Comisión Europea pola designación de proxectos estratéxicos europeos en chan galego e español, entre eles “Mina Doade”.
Segundo a plataforma SOS Suído-Seixo, as novas recentes sobre as presuntas irregularidades na selección do proxecto “Mina Doade” e doutros proxectos terán un impacto considerable en dito procedemento xudicial. Ecoloxistas en Acción España, e o bufete internacional Client Earth amparan esta previsión.
¿“Tongo” en la selección de Mina Doade como proyecto estratégico europeo?
Xirarga, 18 de maio de 2026
SOS Suído Seixo exige una investigación inmediata sobre el proceso de
selección de Mina Doade como proyecto estratégico europeo
Una investigación del medio alemán Table Media revela que la Comisión
Europea ignoró la evaluación negativa de “Mina Doade”, elaborada por sus
propios expertos.
Una reciente investigación del medio alemán Table Media revela que el proyecto
minero “Mina Doade” obtuvo, en febrero de 2025, una evaluación negativa por parte de
los expertos independientes encargados de evaluar las distintas propuestas para la
Comisión Europea. A pesar de dicha evaluación negativa, el proyecto fue incluido en la
lista final de proyectos aprobados por la Comisión Europea como estratégicos bajo la
Ley de Materias Primas Críticas, sin ningún tipo de explicación o transparencia sobre el
mecanismo que condujo a su designación el 25 de marzo de 2025.
Según un artículo del medio portugués Público, este hecho se explicaría por la presión política ejercida en febrero de 2025 por los Estados miembros de la Unión Europea —
en este caso, España— después de haber recibido la evaluación negativa de ciertos
proyectos, entre ellos “Mina Doade”.
Ante estas noticias, la plataforma local SOS Suído Seixo quiere expresar su profunda indignación:
indignación:
“Desde el principio teníamos la sospecha de que la selección de ‘Mina Doade’
como proyecto estratégico europeo era totalmente injustificada a nivel técnico,
ambiental, económico y social. El proyecto no cumple las exigencias de la Ley
de Materias Primas Críticas. Esta sospecha se está confirmando ahora a la luz de
la investigación del medio alemán Table Media. Según la información publicada
en el medio portugués Público, ni siquiera los expertos independientes
contratados por la Comisión Europea recomendaron que este proyecto recibiera
el estatus de proyecto estratégico.
Es un hecho muy grave y preocupante, que nos hace dudar de la imparcialidad y profesionalidad de las instituciones implicadas en la toma de decisiones. Parece que fue únicamente una decisión política irresponsable, y no técnica. Solicitamos una investigación independiente e inmediata del proceso de evaluación y selección del proyecto ‘Mina Doade’ como estratégico.”
María Lavandeira, portavoz de la plataforma, añade:
“Ahora entendemos por qué existe tanta opacidad alrededor de la designación de
‘Mina Doade’ como proyecto estratégico y por qué la Comisión Europea no
quería darnos acceso a los documentos relacionados con la evaluación y
selección del proyecto. Parece que tienen mucho que esconder.
Los proyectos estratégicos europeos se financian con dinero público de toda la
ciudadanía europea. En el caso del proyecto ‘Mina Doade’, además, se financia
también con dinero público de toda la ciudadanía gallega. La Xunta de Galicia
es socia en ‘Mina Doade’. Todos los ciudadanos europeos y gallegos tenemos
derecho a conocer por qué este proyecto fue elegido y quiénes son los
responsables de esa selección que estamos pagando entre todos.”
La plataforma recuerda que un informe tajantemente negativo sobre la viabilidad
técnica, ambiental y económica del proyecto, elaborado por el experto Dr. Steven
Emerman —hidrólogo y representante de Estados Unidos en el comité técnico de la ISO
sobre relleno con residuos en minería subterránea—, ha sido remitido tanto a la
Comisión Europea como a la Dirección Xeral de Minas de la Xunta de Galicia. En
dicho informe, Steven Emerman concluye que el proyecto “Mina Doade” es una
“ciencia ficción” que no cumple con los estándares internacionales en minería.
Con respecto a la actual evaluación de impacto ambiental por parte de la Xunta, la
plataforma espera que:
“Los técnicos de la Xunta de Galicia sean totalmente imparciales y que no se
dejen influir por la evidente presión política ni por el conflicto de intereses que
tiene la Xunta como socia de SAMCA, a través de ‘Recursos de Galicia S.A.’,
en el proyecto ‘Mina Doade’.
No toleramos más decisiones políticas, ni de Bruselas, ni de Madrid, ni tampoco
de Santiago. Doade es nuestra aldea y no una mina para beneficio de los de
siempre y sus amigos. Los funcionarios responsables de la evaluación deben
saber que la Comisión Europea ahora se está lavando las manos, afirmando que
la responsabilidad de dar luz verde o no a la mina recae únicamente sobre la
autoridad minera local.”
Las comunidades de montes afectadas por el proyecto “Mina Doade” ya habían
declarado en varias ocasiones —también ante la Comisión Europea— que la empresa
SAMCA y su proyecto no son bienvenidos en sus terrenos.
“La Ley Europea de Materias Primas Críticas exige que solo se pueda implantar
un proyecto si existe aceptación social. De momento, tanto SAMCA como la
Xunta de Galicia y la Comisión Europea se están haciendo los suecos, como si
no nos entendieran. Pero es así de simple: NO QUEREMOS MINA.
Esta falta continua de respeto hacia nuestra comunidad local por parte de las
instituciones y entidades mencionadas no llevará este proyecto a buen puerto.”
Actualmente está en curso un procedimiento judicial impulsado por Ecologistas en
Acción contra la Comisión Europea por la designación de proyectos estratégicos
europeos en suelo gallego y español, entre ellos “Mina Doade”.
Según la plataforma SOS Suído Seixo, las recientes noticias sobre las presuntas
irregularidades en la selección del proyecto “Mina Doade” y de otros proyectos tendrán
un impacto considerable en dicho procedimiento judicial. Así también lo consideran
desde Ecologistas en Acción España y el bufete internacional ClientEarth.
Carta aberta para os concellos de Berariz, Avión, A Lama, Forcarei e Cerdedo-Cotobade
Doade, 19 de abril de 2025.
En 2020, a empresa Recursos Minerales de Galicia, S.A., presentou un proxecto para establecer unha mina de litio no monte comunal de Doade. Aquel proxecto, envolto en secretismo e irregularidades, recibiu a oposición maioritaria e expresa da AV de Doade e da CMVMC da Lamacega e o Besticovo, así como da veciñanza e as comunidades de montes dos lugares afectados pola concesión.
Hoxe, cun novo proxecto presentado por parte da mesma empresa, no mesmo lugar, as asociacións veciñais, comunidades de montes, e veciños e veciñas individuais que abaixo asinamos queremos declarar, máis unha vez, o noso rexeitamento total ao proxecto de “MINA DOADE” e, en xeral, a este tipo de explotacións mineiras nas nosas serra do Suído e do Seixo.
Pedimos públicamente ao alcalde de Beariz, D. Manuel Prado López, e á Corporación Municipal, que nos escoiten, que entendan a nosa vontade e exerzan o papel de representantes para o que foron elixidos. Que non dean apoio de ningún tipo ao establecemento desta empresa no concello, que expoñan a súa oposición e, en definitiva, que estean do noso lado neste proceso.
Facemos extensiva esta chamada a D. Antonio Montero, alcalde de Avión; D. David Carrera Cal, alcalde da Lama; Dna. Verónica Pichel Guisande, alcaldesa de Forcarei; e D. Jorge López Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade, así como ás respectivas corporacións municipais. Este proxecto pretende ser a punta de lanza para a entrada da minería nos nosos concellos. O que aconteza en Doade determinará o futuro das serras do sur da Dorsal Galega.
Non queremos mina en Doade. Queremos unha vida honrada, tranquila, digna e saudable na nosa terra. Axúdennos a defender o noso monte, as nosas comunidades, as nosas serras. Fágano público. Estean connosco.
Esperamos resposta
A plataforma SOS SUÍDO SEIXO recurrirá ante a Comisión Europea a designación de “Mina Doade”, como proxecto estratéxico
Beariz, 25 de marzo de 2025.
O estatus de proxecto estratéxico europeo implica tramitación exprés de autorizacións e exención de cumprir determinadas esixencias medioambientais
Denuncian a opacidade do procedemento, que levarán ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea conxuntamente con outros colectivos europeos
A plataforma SOS Suído Seixo, Mina Alberta NON, reacionou de inmediato ante a decisión feita pública hoxe pola Comisión Europea de designar o proxecto extractivo da mina de Doade, como “proxecto estratéxico europeo”. Esta designación eximirá a empresa RMG do grupo SAMCA de respectar certas normas medioambientais dando carta blanca para contaminar masas de auga e danar os espacios naturais protexidos próximos. Ademáis, forza unha tramitación exprés das autorizacións, que socava o procedemento de avaliación de impacto ambiental e os dereitos de participación da cidadanía.
Por estes motivos, dende a plataforma anuncian que xa están traballando nun recurso de revisión interna ante a Comisión Europa, como paso previo a levar o caso ante o Tribunal de Xustiiza da Unión Europea. Denuncian ademais a absoluta opacidade coa que se levou a cabo o outorgamento deste estatuto, non só non permitindo a participación pública se non impedindo ademais o acceso á documentación presentada pola empresa e aos informes encargados pola Comisión.
Tanto a Comisión Europea como o “Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico”, que tiñan dereito de vetar a candidatura pero non o fixeron, denegaron as solicitudes de información, argumentando un suposto “segredo empresarial”. Pero SOS Suído Seixo considera que detrás da negativa está a existencia de datos falsos e omisións, que serían motivo para retirar o estatuto de proxecto estratéxico.
O recurso en preparación exporá precisamente o amplo historial de malas prácticas da mineira. Entre estas malas prácticas e impactos previstos, referimos o caso de estudo de Alberta I do MINOB (https://www.minob.org/espanol/mina-alberta-I.html) e o informe (https://www.tierra.org/wp-content/uploads/2025/03/Proyestos_estrategicos_materias_primas.pdf) elaborado por Amigas da Terra e Ecoloxistas en Acción presentado en Decembro do ano pasado ante a Comisión.
Nel destacábase a fragmentación artificial do proxecto, a omisión no 2020 de someter o proxecto á avaliación de impacto ambiental, os impedimentos da participación pública, a falta de transparencia, a posible afectación dos recursos hídricos, afectación ao ZEC Serra do Cando e á Serra do Suído así como unha agresiva campaña para conseguir a aceptación social levada a cabo entre Setembro e Decembro de 2024 polas empresas Deloga e Bannister Global, contratadas por SAMCA.
Denuncian ademais que o Regulamento de Materias Primas Fundamentais outorgará acceso privilexiado a fondos públicos, financiando deste modo unha destrución sen precedentes, e convertindo o territorio nunha “zona de sacrificio”. De feito, o estado español é o estado europeo con máis candidaturas de proxectos estratéxicos extractivos (10 en total), fronte a tan só 1 proxecto de reciclaxe. Se ademais sumamos os proxectos de Portugal, a Península Ibérica representa máis do 30% de tódolos proxectos extractivos presentados.
Engaden tamén á denuncia que dende a Xunta de Galicia, aínda non se deu traslado da documentación do proxecto “Mina Doade” e da solicitude de concesión de explotación nin da solicitude de prórroga do permiso de investigación mineiro Alberta I, presentado pola empresa hai mais de dous e tres meses respectivamente. As comunidades locais afectadas e recoñecidas como partes interesadas pola administración, solicitaron en numerosas ocasións toda a documentación relativa á actualización do expediente Alberta I, pero a pesar da insistencia non obtiveron resposta.
Fronte a esta situación “neocolonial”, anuncian novas movilizacións conxuntas con outras plataformas e colectivos doutros territorios, para dar unha resposta social e xudicial a esta decisión profundamente inxusta, opaca e antidemocrática.
Manifesto
“SOS Suído-Seixo | Mina Alberta Non”, nace co obxectivo de informar á poboación, establecer colaboracións con outros colectivos, canalizar as ideas e reclamacións da veciñanza e para levar a cabo accións coordinadas entre as comunidades afectadas ante a preocupación suscitada pola solicitude de concesión de explotación mineira Alberta I por parte da empresa Recursos Minerales de Galicia, S.A.
O obxectivo principal da plataforma é a posta en valor do seu patrimonio natural e cultural e a defensa do territorio das Serras do Suído e Seixo e zonas limítrofes fronte ós proxectos e Permisos de Investigación de minaría existentes (Alberta I, Alberta II, Macarena, Carlota, Maite etc) e fronte a outras accións que o ameacen.
Ante a falla de información clara para a veciñanza e para as persoas interesadas sobre as pretendidas explotacións mineiras por parte das administracións competentes, unímonos e dicimos NON Á MINA polas seguintes razóns:
Porque estamos en contra da decisión da Xunta de Galicia, a pesar de ter informe desfavorable da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, de non someter a explotación mineira a un procedemento de avaliación de impacto ambiental.
Porque xa nesta primeira fase, existen núcleos poboados a menos de 500 metros.
Porque existe risco de subsidencia, é dicir, afundimento do terreo, que pode ser provocado pola apertura das numerosas galerías subterráneas.
Porque non se ten en conta a presenza de elementos tóxicos e radioactivos nos filóns que se explotarían e non se prevén medidas para evitar que sexan liberados ao ambiente.
Porque é moi probable que se produza contaminación das augas, nunha zona sensible por ser cabeceira de ríos e regatos que verten as súas augas ás bacías do Miño, Lérez e Verdugo.
Porque é unha zona de enorme valor pola riqueza da súa biodiversidade, paisaxe e patrimonio arqueolóxico, e que se atopa moi próxima da Rede Natura Serra do Cando.
Porque tamén se verán directamente afectadas numerosas localidades con consecuencias moi negativas para o día a día das persoas que viven nelas: o constante tráfico pesado para o transporte de minerais ata o porto de Vigo; as continuas detonacións de explosivos; a perda de mananciais…
Porque destrúe o emprego e as posibilidades de desenvolvemento local de sectores esenciais coma o agrícola, o gandeiro, o forestal ou o turismo de calidade entre outros, provocando máis abandono das zonas rurais. Isto, ademais, truncaría os proxectos de vida da comunidade emigrada de retornar á súa terra.
Porque os custos sociais e ambientais son excesivos fronte aos posibles beneficios, ademais de non ser posibles a execución do proxecto sen inserción de capital público. Porque non é sostible, xa que esgotan recursos naturaisnon renovables.
Porque non existe ningunha garantía, por causa da falta de Avaliación de Impacto Ambiental ordinaria, de que se faga un seguimento e control das actividades mineiras que poidan ser desenvolvidas.
Porque o proxecto carece dun estudo rigoroso e independente que non estea supeditado aos intereses da empresa.
Porque os grandes proxectos mineiros deixan atrás e sen futuro as iniciativas locais que puidesen ter interese para promover o desenvolvemento do rural dende o rural.
Porque todo o anterior, afectaría negativamente á saúde e á calidade de vida das persoas. Porque os animais e demais seres vivos que comparten connosco este espazo tamén teñen dereito a vivir no ambiente natural que necesitan.
Porque a explotación mineira estraga a nosa terra, o legado que herdamos das nosas antepasadas, o monte e o agro, os seus valores naturais e culturais así como os usos e aproveitamentos presentes e futuros.
Porque as xeracións futuras merecen recibir o tesouro do noso patrimonio ambiental. As accións do presente terán graves consecuencias para o futuro do planeta. Protexer os recursos naturais é protexer a vida.
Porque a transición enerxética non debería estar encamiñada a destruír os últimos espazos ben conservados da nosa terra, e debería ter un proceso de planificación minucioso, ecolóxico e xusto, facendo fincapé no aforro enerxético e na produción local.
A febre do litio ameaza moitas partes do mundo. Mentres o cambio tecnolóxico promove máis explotacións o crecente movemento contra a minaría une as súas forzas ao largo e longo dos continentes. Nun instante histórico onde a protección e restauración dos ecosistemas é o máis importante, a febre do litio camiña en dirección contraria. A solución á creación de máis proxectos mineiros pasaría polo cambio de modelo de consumo e produción, enfocándose cara o desenvolvemento sostible e o consumo responsable. A pregunta é clara: este é o camiño cara a unha verdadeira transición ecolóxica?
Non á Mina! Si á vida! Defende o noso monte! Defende a nosa terra!
O experto e referente en hidroxeoloxía volveu a Galiza para tratar coas veciñas do municipio ourensán de Beariz algunhas reflexións crítitcas coas que enfrontarse ao potencial proxecto mineiro.
Ante a falta de información clara e transparente por parte da empresa mineira que pretende abrir unha mina no lugar de Doade, no concello ourensán de Beariz, a veciñanza organizouse para acudir a un experto internacional independente. Trátase do doutor Steven Emerman, experto en xeofísica con 31 años de experiencia e máis de 60 publicacións científicas que, ademais, traballou como consultor independente tanto para empresas mineiras como para organismos públicos.
Charla 27 de Outubro de 2024.
Convocatorias
Radionovela: Killaricocha, a maldición da abundancia
Esta radionovela, producida pola boa xente de @radialistasnet e @rosaluxandina conta a historia dunha aldea dos Andes onde a vida dos veciños e veciñas transcorre tranquila, ata que unha corporación descubre o tesouro que a terra alí agochaba.